2012.05.13. Prensa. (2.000 personas contra el parque eólico de O Galiñeiro)

El País 13 de mayo de 2012

2.000 personas contra el parque eólico de O Galiñeiro

En esta ocasión el escritor Manuel Rivas tomó el relevo del también académico Xosé Luís Méndez Ferrín y fue el encargado de cerrar la caminata con su discurso

Alberto Leyenda Gondomar

Alrededor de 2.000 personas, según la organización, marcharon ayer a lo largo de siete kilómetros de senderos por la Serra do Galiñeiro para protestar contra el parque eólico que la Consellería de Industria concedió en la zona a Terra do Vento, una filial de la multinacional estadounidense Element Power. Esta vez la acción, la tercera (y más numerosa) en año y medio de estas características, amplía sus críticas a que la cadena montañosa del sur de la Ría de Vigo haya sido excluida de la ampliación de la Red Natura que prepara la Xunta.

En esta ocasión el escritor Manuel Rivas tomó el relevo del también académico Xosé Luís Méndez Ferrín y fue el encargado de cerrar la caminata con su discurso. Antes de su intervención, Rivas calificó de “inexistente” la política medioambiental del Ejecutivo de Alberto Núñez Feijóo. No obstante, se mostró optimista (“no soy de los apocalípticos”) y recordó que todas “las luchas en las que se venció” en Galicia se dieron en el campo del medio ambiente.

En este sentido, cargó contra la “mentira interesada” de que los gallegos carecen de autoestima y opinó que el problema es que la “conciencia ambiental” de la gente “no tiene correspondencia en las élites políticas”. Así, recomendó a los miembros del Gobierno que emulen a los participantes de la caminata y hagan lo propio por todo el país, “pero a pie, no en el coche oficial”. El literato aprovechó, además, para desempolvar el argumentario ambientalista clásico citando al geógrafo francés Elisée Reclus: “El hombre es la naturaleza tomando conciencia de sí mismo”.

Parlamento europeo

Asimismo, recordó su vinculación con O Galiñeiro, que data de cuando vivió en Tui. También de sus viajes a la Galicia emigrante en los que, comentó con retranca, se topó con más gente de Morgadáns (pequeña parroquia de Gondomar sobre la que se asienta la sierra) que del resto del país.

El proyecto de parque eólico, que consta de 13 molinos de 120 metros de altura con una potencia total de 39 megavatios, ha sido alegado por la Plataforma en Defensa da Serra do Galiñeiro —que agrupa a más de 30 colectivos— por su impacto visual, ambiental y sobre el patrimonio. La entidad también ha llevado el caso ante el Parlamento europeo. De momento, la Comisión de Peticiones ha aceptado a trámite la queja, pero aún no se ha pronunciado.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/13/galicia/1336930644_664751.html

http://planetavertical.com/andaina-pola-defensa-da-serra-do-galineiro-2000-personas-protestamos-contra-el-parque-eolico/

http://sosgroba.blogspot.com.es/2012/05/protexta-no-curro-de-valga.html

PRAZA PUBLICA 12 de mayo de 2012

“O Galiñeiro é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender”

Os contos e lendas do Galiñeiro non teñen prezo. A gandería ecolóxica, os cabalos do monte e os curros de Vincios e de Morgadáns non teñen prezo. O lecer, os camiños, os subeiros, as pedras, as sombras, as augas, os estudos feitos e os que aínda se han facer, as illas ó lonxe, os poemas e os libros, o que perdemos e atopamos no Galiñeiro, nada de todo iso ten un valor calculable porque ese é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender, un patrimonio destas bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade.

É un extracto do Manifesto que Manuel Rivas lerá ao remate da III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro, organizada pola Plataforma cidadá que dende hai anos busca protexer este espazo de distintas ameazas, a máis importante delas a instalación dun parque eólico nos cumes da serra. Desta volta o roteiro, titulado Rota da auga, percorrerá as zonas húmidas do Galiñeiro, remontando un dos principais cursos fluviais da Serra do Galiñeiro: o río Zamáns.

A marcha rematará no Parque Forestal de Vincios, onde Rivas lerá o manifesto da Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro e os asistentes poderán gozar dun xantar popular coa comida que traia cada quen. Tamén haberá música e animación e poderás adquirir a túa camiseta do Galiñeiro. Entre as actuacións artísticas asistiremos á lectura de poemas a cargo de Pepe Cáccamo, Iago Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez e Anxo Angueira a ás actuacións Musicais de Tino Baz, Cantareiras do Alba e do Leo e Arremecághona.

A marcha rematará no Parque Forestal de Vincios, onde Rivas lerá o manifesto da Plataforma Pola Protección da Serra do Galiñeiro

A Plataforma leva máis de dous anos traballando en contra deo parque eólico de 39 Megawatios (MW) que Terra de Vento S.L. plantea construír na Serra do Galiñeiro. Colectivos veciñais, ecoloxistas, o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) ou a Federación Galega de Montañismo denuncian o impacto que podería ter na riqueza medioambiental, paisaxística, arqueolóxica ou mesmo para o goce da escalada ou o montañismo.

http://praza.com/movementos-sociais/901/o-galineiro-e-un-patrimonio-comun-e-natural-que-non-se-pode-comprar-nin-vender/

Manifesto en defensa da Serra do Galiñeiro

26 Abr

O avance do deterioro do medio natural en Galicia ten hoxe un dos máis claros e infamantes exemplos na grave situación que vive a Serra do Galiñeiro, espazo de extraordinario valor que comparten os concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui.

A pesar de que no ano 2008 se anunciaba a ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal da Serra do Galiñeiro, aínda hoxe a desprotección dos seus valores naturais, culturais, sociais e económicos continúa sendo total.

Aínda hoxe os demostrados valores xeolóxicos, biolóxicos, paisaxísticos, históricos, arqueolóxicos, etnográficos, etc deste espazo senlleiro no que se recoñecen os habitantes de todos estes concellos continúan estando en perigo diante das agresións producidas polo grave impacto de actividades irresponsables co medio (proliferación de canteiras, vertedoiros e pistas, política forestal de extensión de especies foráneas, destrución do patrimonio arqueolóxico…) e de proxectos que o degradarían irreversiblemente (parque eólico, estradas de circunvalación, industria trituradora…).

O Corno do Demo e tódolos contos e lendas do Galiñeiro non teñen prezo. A gandería ecolóxica de pastoreo, os cabalos do monte e os curros de Vincios e de Morgadáns non teñen prezo. O lecer, os camiños, os subeiros, as pedras, as sombras, as augas, os estudos feitos e os que aínda se han facer, as illas ó lonxe, os poemas e os libros, o que perdemos e atopamos no Galiñeiro, nada de todo iso ten un valor calculable porque ese é un patrimonio común e natural que non se pode comprar nin vender, un patrimonio destas bisbarras, da Terra de Turonio, pero tamén de Galicia e mais da Humanidade.

Cómpre rematar con todo isto. Cómpre que a Xunta de Galicia acometa dunha vez a protección da Serra. Cómpre que se estenda o Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal do Galiñeiro seguindo a lóxica do que é un mesmo ecosistema.

Protexamos o que é noso e é de todos!

Protexamos a terra e mailo monte que nos deron!

Protexamos o medio natural e a cultura!

Protexamos o Galiñeiro!

http://serradogalinheiro.wordpress.com/2012/04/26/manifesto-en-defensa-da-serra-do-galineiro/

“Somos serra, a serra protéxenos, e nós protexerémola”. III Andaina pola Serra do Galiñeiro.

Martes, 15 Maio 2012 01:29 Redaccion

“Estamos aquí para protexer a Serra do Galiñeiro.

Máis é ela -oídes ven- quen nos protexe a nós“. (Manifesto da III Andaina)

A III Andaina pola defensa da Serra do Galiñeiro congregou a máis de dos mil persoas o pasado domingo 13 de maio. Tratouse da maior concentración de protesta contra a instalación do parque eólico concedido pola Xunta de Galicia á empresa Terra do Vento.

“Ten razón quen afirmou que unha xeografía, o mellor xeito de coñecela é polos pés. Andala… andar a terra. Penso que moito dos males que nos pasan… comezando aquí en Galiza, é porque quen gobernan pois andan pouco na súa terra. Deberían comezar por coñecela polos pés… por andala.”

O escritor Manuel Rivas foi o encargado de ler o manifesto na cima do monte, logo dunha andaina de máis de sete quilómetros, que levou aos participantes polas ribeiras do Río Zamáns e os afluentes que regan O Galiñeiro.

“A Serra é hoxe o lugar dos lugares. O corazón da terra que nos convoca. Un lugar onde se concentra a máis poderosa das enerxías: a da solidariedade. O don de entrelazar soidades para rescatar a esperanza.”

Na súa intervención, Rivas fixo fincapé nunha dupla relación que coroa a vida da serra e os homes e mulleres que a habitan, ou transitan o seu espazo: “nós a protexemos, ela nos protexe”.

“Nós estamos aquí para pedir maior protección, para esixir protección para a Serra do Galiñeiro, mais a Serra do Galiñeiro, a marabilla cordal que vertebra o sur atlántico de Galiza dende a Ría de Vigo a esteiro do Miño está a protexernos a nós dende milenios.”

No documento, tamén lembrouse o reclamo feito dende hai anos por distintas asociación e institucións – e recollido en resolucións da Xunta de Galicia- de ampliar a Rede Natura 2000 que protexe ao Monte Aloia á totalidade da serra.

“Loitaremos andaina tras andaina, para que teña a maior protección dos Espazos Protexidos. Para que o Parque Natural de Monte Aloia non sexa un corruncho, unha excepción, senón que se estenda a toda a Serra do Galiñeiro.”

No acto, tamén tivo lugar un recital poético a cargo de Pepe Caccámo, Iago Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez e Anxo Angueira, así como a participación dos músicos Tino Baz, as Cantareiras do Alba e Leo Arremecághona.

“A serra nos protexe e temos que protexela, contra plantacións improcedentes e monocultivos forestais foráneos, que estragan a biodiversidade e multiplican os perigos de incendio. Contra as canteiras ilegais que deixan na serra feridas incurables. Contra os depósitos de monstros e de lixo, contra a maquinaria pesada, contra os chirimbolos eólicos fóra de lugar e ao servizo da cobiza e non do ben común.”

Finalmente Manuel Rivas denunciou a falsa crenza de que na Galiza non se sabe coidar o espazo natural, ou que falla estima para pelexar polos dereitos do país.

“Somos auga, e a auga pode có máis duro.

Somos serra, a serra protéxenos, e nós protexerémola.

Xurámolo polo que máis queremos: A andaina comunal seguirá ate conseguir ese parque natural para a Serra do Galiñeiro.”

http://www.valminor.info/novas/xerais/4405-q-somos-serra-a-serra-protexenos-e-nos-protexeremolaq-iii-andaina-pola-serra-do-galineiro

Anuncis

About CEEC

Coordinadora d'Estudis Eòlics del Comtat. http://www.zona14.org

Posted on 13 Mai 2012, in Recull de premsa. Bookmark the permalink. Deixa un comentari.

Deixa un comentari

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

Esteu comentant fent servir el compte WordPress.com. Log Out / Canvia )

Twitter picture

Esteu comentant fent servir el compte Twitter. Log Out / Canvia )

Facebook photo

Esteu comentant fent servir el compte Facebook. Log Out / Canvia )

Google+ photo

Esteu comentant fent servir el compte Google+. Log Out / Canvia )

Connecting to %s

%d bloggers like this: