2013.04.19. Prensa. (Marcha por la Serra do Galiñeiro)

2013.04.19.FARO DE VIGO

El BNG insta a la Xunta a rechazar el parque eólico en el Galiñeiro

19.04.2013

La diputada del BNG en el Parlamento de Galicia, Carme Adán y el responsable comarcal nacionalista, Manuel Caride, pidieron ayer que la Xunta garantice la protección de la sierra del Galiñeiro y que anule la autorización de un parque eólico y deniegue la posibilidad de realizar catas mineraS.

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/04/19/bng-insta-xunta-rechazar-parque-eolico-galineiro/793998.html

2013.04.18.

O BNG esixe á Xunta que garanta a protección da serra do Galiñeiro e rexeite a ubicación dunha mina

18 de Abril de 2013

O Bloque anima a participar o vindeiro domingo na IV Andaina en defensa deste “emblema natural e cultural”

A deputada no Parlamento galego, Carme Adán, e o responsable comarcal, Manuel Caride, demandaron ao goberno galego que garanta a protección da serra do Galiñeiro, anulando a autorización dun parque eólico e denegando a posibilidade de realizar catas de prospección mineira.

“Feijóo ten que garantir a protección da serra do Galiñeiro e incorporala ao parque natural do Aloia”, defendeu a deputada nacionalista. “Calquera cidade europea o tería xa garantido, dado o seu valor medioambiental e cultural”, subliñou.

Carme Adán explicou que o BNG presentou diversas iniciativas no Parlamento galego a este respecto. Entre elas figura unha proposición non de lei na que, ademais de pedir a anulación da autorización dun parque eólico, se insta a declarar de utilidade pública esta serra, co obxectivo de “preservar os valores e funcións económicas, ambientais e sociais do monte”.

“Que necesidade temos de colocar un parque eólico na serra do Galiñeiro cando todo o que está facendo o PP vai encamiñado precisamente a destruir o sector eólico?”, comentou a deputada nacionalista.

Postos de traballo

Por outro lado, a proposta do BNG pide rexeitar a posibilidade de realizar catas de prospección mineira entre os concellos de Mos e Porriño á multinacional sudafricana Umbono Capital para determinar o seu potencial en minerais de terras raras (utilizados para fabricar baterías de móbiles ou pantallas de raios X, entre outros).

Segundo manifestou Carme Adán, “en lugar de dar facilidades a empresas estranxeiras, como esta sudafricana ou a canadiense en Corcoesto, Feijóo debería comprometerse coas industria galega, que está a piques de desaparecer”.

Alertou, ademais, do escaso beneficio económico que tería para Galiza a apertura dunha mina a ceo aberto, fronte o seu indiscutible impacto ambiental. “Por unha ducia de postos de traballo podemos perder un espazo natural da relevancia para a comarca de Vigo como é o Galiñeiro”, criticou.

“Se contrapoñemos o número de postos de traballo que se poden crear con este proxecto fronte aos 10.800 empregos directos que se perderon no naval desde que Feijóo é presidente vemos que é unha proposta absurda”, explicou a deputada do BNG.

Calidade de vida

O responsable comarcal do Bloque salientou a importancia natural e cultural deste espazo, que se estende polos concellos de Vigo, Mos, O Porriño e Gondomar. Segundo Manuel Caride, “para manter unha mínima calidade de vida dunha área tan poboada como a comarca de Vigo cómpre manter as áreas naturais”

Explicou que precisamente os concellos nos que se ubica esta serra recollen nos seus ordeamentos urbanísticos os seus valores naturais e patrimoniais, ao cualificar a zona como Solo Rústico de Protección Especial de Espazos Naturais ou categorías de protección similares.

Manuel Caride comentou que as actividades que se desenvolen no monte son multifuncionais e sustentabeis, de carácter forestal e gandeiro, así como de usos deportivos e de lecer. “Estas actividades serían claramente incompatibles coa instalación du parque eólico ou dunha mina a ceo aberto”, advertiu.

O responsable comarcal nacionalista expresou o apoio do BNG á IV Andaina pola Protección da Serra do Galiñeiro, e fixo un chamamento a toda a cidadanía a participar. Sinalou que terá lugar o vindeiro domingo, 21 de abril, con saída dende o parque forestal de Zamáns ás 10.30 horas e chegada ao mesmo punto ás 14 horas.

http://www.bng-galiza.org/vigo/2013/04/18/o-bng-esixe-a-xunta-que-garanta-a-proteccion-da-serra-do-galineiro-e-rexeite-a-ubicacion-dunha-mina/

Faro Vigo 15 de abril de 2013

Serra do de Galiñeiro

Manuel Bragado

15.04.2013 |

A coroa vexetal da área metropolitana viguesa, xunto á marabilla da ría, son as dúas principais alfaias da natureza ao noso coidado. Un patrimonio natural trazado pola cordal da Serra do Galiñeiro que se estende polos concellos de Vigo, Mos, Gondomar, O Porriño e Tui. Os outeiros do monte Alba, o miradoiro do Cepudo e o pelouro do monte Galiñeiro (711 metros) constitúen referentes na paisaxe dos vales do Fragoso, A Louriña, o Val Miñor, o Baixo Miño e do propio Morrazo, ademais da orixe de regueiros e regos que manteñen afluentes dos ríos Zamáns, Vilaza, Chenlo, Miñor e Louro. Coa única excepción do Monte Aloia (629 metros) no concello de Tui, declarado parque natural en 1978, o resto da Serra do Galiñeiro, a pesar dos seus valores naturais, culturais, etnográficos, económicos e sociais carece de calquera figura de protección. Unha anomalía incompatible coas directivas europeas de protección dos espazos naturais, como denuncia o movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, formado por catorce colectivos veciñais, deportivos, ecoloxistas e culturais, que reclaman a súa inclusión na rede galega de espazos protexidos.

O patrimonio natural da Serra do Galiñeiro está en perigo, a mercede dos cada día maiores intereses económicos que puxeron os seus ollos na riqueza que atesoura este espazo natural e cultural. A plantación masiva de eucaliptos, piñeiros e acacias reduce a biodiversidade dun espazo onde nas turbeiras e breixeiras húmidas se localizan endemismos florais como carrasco da turbeira e outras plantas en vías de extinción. Como agresivas co hábitat son a proliferación de canteiras, algunhas ilegais, outras abandonadas sen ser restauradas, e os vertedoiros incontrolados de lixo e entullo, agochados na impunidade do monte. Outrosí sucede coa apertura incontrolada de pistas e a súa ampliación con terra e entullo, e mesmo o seu asfaltado, co seu impacto brutal sobre as drenaxes dos mananciais, presas, levadas e muíños de auga, coa única intención de ser utilizadas por todoterreos, motos de cross e quads, vehículos moi agresivos para un espazo que lle é propio a endemismos como a saramaganta, á ra patilonga e ao cabalo do monte (raza autóctona declarada en perigo de extinción), un dos últimos cabalos salvaxes que quedan en Europa. Ameaza para os cabalos en liberdade, como para as aves que alí nidifican ou utilizan a serra como paso migratorio, que se incrementaría co proxecto intrusivo de instalación dun parque eólico que modificaría de forma irreversible esta paisaxe.

O patrimonio xeolóxico e cultural da Serra do Galiñeiro tamén está ameazado. A monumentalidade paisaxística das formacións de gneis de riebeckitanos, eses grandes pelouros do cume do Galiñeiro desafíados polos escaladores de todo Galicia, desaparecería de instalarse o aberrante parque eólico. Tamén estarían en perigo cavidades de valores xeolóxicos singulares, mais tamén orixe e morada dun amplo patrimonio de tradición oral, como a Cova da Becha (orixe dun culto relixioso non cristiano, ao que Ferrín dedicou artigos memorables) en Vincios e A Lapa da Moura en Morgadáns, covas estudadas polo Club Espeleolóxico Maúxo. Como quedarían afectadas as pegadas da presenza humana en xacementos de petróglifos da Auga da Laxe, Santa Lucía e Penedo das Pías, en mámoas como as de Chan das Moutas ou na fortaleza altomedieval do Galiñeiro. Un patrimonio arqueolóxico e etnográfico que ben merecía ser protexido sendo declarado Ben de Interese Cultural.

Como nova e grave ameaza supón para o futuro da Serra do Galiñeiro a solicitude da multinacional sudafricana Umbono Capital de realizar catas de prospección mineira nunha zona de monte entre os concellos de Mos e O Porriño coa intención de “determinar o seu potencial mineiro en minerais de terras raras”. Un eufemismo que non pode ocultar que procuran alí a existencia de itrio, escandio e outros minerais utilizados para a fabricación das baterías dos móbiles e automóbiles híbridos ou de pantalla de raios X.

Mais e sobre todo, o que está en perigo na Serra do Galiñeiro é un modelo de desenvolvemento sostible, tanto das actividades agrarias (especialmente o pastoreo de gando ceibe, a agricultura ecolóxica e aproveitamento forestal) como das deportivas (escalada, ciclismo de montaña, equitación, carreiras de montaña e orientación), culturais (celebración dos curros de Vincios e Morgadáns) e de turismo e lecer (senderismo, visita aos parques arqueolóxicos, colleita de cogomelos, etc.).

Esta alfaia do noso patrimonio natural e paisaxístico precisa do agarimo e compromiso de todos. Así o exixirán o vindeiro domingo 21 de abril os participantes na IV Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro que saírá as 10:30 horas do Parque Forestal de Zamáns.

bretemas@gmail.com

http://www.farodevigo.es/opinion/2013/04/15/serra-do-galineiro/791425.html

DIARIO LIBERDADE 14 DE ABRIL DE 2013 

Minas para quê? IV andaina pola proteçom da Serra do Galinheiro marcada para 21 de abril

Galiza – Plataforma pola Defesa de Corcoesto – Será 21 de abril, com saída do Parque florestal de Zamáns às 10:30 h.

Saida: Parque forestal de Zamáns as 10:30 h.

Chegada: Parque forestal de Zamáns as 14:00 h.

A lonxitude aproximada da andaina é de 10 Km. (3:30 – 4:00 horas).

Nivel da ruta medio-baixo, sendeiros doados e con poucos tramos de desnivel.

Manifesto pola proteçom da Serra do Galinheiro

Manifestamos que a Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui, é un lugar senlleiro polos seus valores naturais (xeolóxicos, biolóxicos, paisaxísticos), culturais (históricos, arqueolóxicos, etnográficos), sociais e económicos (actividades tradicionais que aproveitan de xeito sustentable e rendible os recursos do monte; actividades de lecer; deportes de natureza).

Consideramos que este espazo natural e os seus valores teñen que ser protexidos ao amparo das lexislacións europea, galega e municipal vixentes. A pesar dos convenios internacionais e das directivas europeas, Galicia só protexe (e de xeito ineficaz) o 11,6% do seu territorio (a media estatal é do 27%, Asturias protexe o 33 %, e Madrid o 40%). Por tal motivo, o noso país ten que enfrontar unha sanción da Unión Europea. A rede galega de espazos protexidos debe ser ampliada, e a Serra do Galiñeiro debe formar parte dela.

Denunciamos as actividades altamente impactantes que estragan a Serra, perseguindo a cega idea dun desenvolvemento ilimitado, e usando a natureza dun xeito irreponsable: a plantación masiva e a proliferación incontrolada de especies foráneas (eucaliptos, piñeiros e acacias), que reducen a biodiversidade e aumentan o risco de incendio; a proliferación de canteiras (moitas delas ilegais), o abandono de canteiras esgotadas sen a debida restauración; a apertura masiva de pistas, o seu ancheado e recrecemento con terra e entullo, o seu asfaltado; a práctica deportiva con vehículos a motor (todoterreos, motos de cross e quads) dentro e fora das pistas; os movementos incontrolados de terra; os vertedoiros incontrolados de lixo e entullo; a acampada ilegal;a destrución neglixente ou intencionada de patrimonio arqueolóxico. E agora están en proxecto grandes infraestruturas (un parque eólico; estradas de circunvalación urbana) e industrias de alto impacto (unha trituradora de entullo), que ameazan con degradar a Serra dun xeito xeralizado e irreversible.

Solicitamos a protección da Serra do Galiñeiro pola súa riqueza como espazo natural e cultural. A Serra é un ben natural, valioso en sí mesmo. Pero tamén é un ben común. A xeración actual debe preservala para as xeracións vindeiras e, con ela, debe conservar os seus valores:

· A súa morfoloxía: o seu modo e elevarse e a configuración das súas formacións rochosas, que fan dela un referente paisaxístico nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e O Morrazo.

· O seu rico patrimonio xeolóxico: as formacións de gneis de riebeckitanos cumes máis altos da Serra. Os seus valores tectónicos, únicos no mundo. As súas formacións xeomorfolóxicas, como A Cova da Becha, de orixe periglaciar, en Vincios, ou Os Milaghres da Trapa, nos Cabreiros. As súas cavidades, como as do monte dos Arruídos, en Vincios, ou A Lapa da Moura, en Vilas, Morgadáns.

· O seu rico patrimono biolóxico: hábitats de breixeiras húmidas, brañas, turbeiras e matogueiras de influencia mediterránea e termófilas con endemismos, algúns deles catalogados pola Directiva Europea 43/92/CEE, como “Hábitats Prioritarios”, (como as “Breixeiras húmidas atlánticas meridionais de Ericas”) ou “Hábitats de Interese Comunitario”, (como as “Breixeiras secas” e os “Pastos pioneiros en superficies rochosas”). A Serra acubilla fauna de escasa presenza en Galiza, coma a azulenta papuda, e endemismos coma a saramaganta (Chioglossa lusitanica), e a rá patilonga. Tamén acubilla avifauna migratoria, como o picanzo real ou o pedreiro cincento. A ampliación da superficie protexida do Parque Natural do Monte Aloia a toda a Serra do Galiñeiro garantiría a continuidade dos ecosistemas imprescindibles para todas estas especies animais e vexetais da Serra.

· As pegadas da presenza humana en época prehistórica: petróglifos como o de “Agua da Laxe”, de características únicas no continente europeo; mámoas como as da Chan das Moutas e as dos Bromús. Elementos senlleiros de época histórica, como os restos da Fortaleza do Galiñeiro. Elementos relevantes da arquitectura e da técnica populares, como as presas, as levadas e os muíños de auga. Pero este valioso patrimonio sofre estragos continuos. Os petróglifos de Santa Lucía (un deles, con alabardas) foron soterrados (enteiros ou relados) ao ampliar un picadeiro. Tres das nove mámoas da Chan das Moutas desapareceron: dúas foron desfeitas ao achanzar unha pradería; a outra foi soterrada por un recheo.

· As numerosas cavidades existentes na Serra. Cavidades que posúen valores xeolóxicos singulares. Abrigueiros naturais que son acubillo e leito de elementos arqueolóxicos de orixe prehistórica e medieval; abeiro para o pastoreo comunal e, ata hai ben pouco, albergue de obradoiros de cantería artesanal, como a “Casa do Demo”. Cavidades que son orixe e morada dun rico patrimonio inmaterial, expresado en numerosas lendas populares e nun amplo abano de seres mitolóxicos a elas asociados. Estes verdadeiros monumentos etnográficos e o seu entorno natural deben conservarse inalterados.

· O aproveitamento multifuncional da Serra que fan moitas Comunidades de Montes, veciños e particulares, mediante actividades sustentables e rendibles, que crean as condicións necesarias para a agricultura e a gandería ecolóxicas, e que manteñen viva a identidade do rural. A súa economía sustenta, ademais, valiosas actividades dos centros culturais das parroquias, dinamizando a cultura do pobo.

· O pastoreo de gando ceibe: cabalos, vacas, ovellas e cabras. A existencia de greas de cabalos do monte galegos permite a celebración de dous Curros: o de Vincios e o de Morgadáns. Esta raza equina autóctona está en perigo de extinción, e o Real Decreto 1682/1977 establece a súa protección especial.

· As augas superficiais e subterráneas da Serra, que abastecen ao encoro de Zamáns e ás traídas de auga potable da veciñanza de todo o seu entorno.

· O valor social que ten a Serra, nun territorio tan poboado como é o Val Miñor, Vigo, A Louriña, o Baixo Miño e O Morrazo, como lugar idóneo para actividades de lecer (sendeirismo; colleita de cogumelos), deportes de natureza (escalada; carreiras de orientación) e actividades culturais (estudio e divulgación da riqueza natural, histórica e social do lugar).

Reclamamos que as administracións públicas acometan a protección da Serra dun xeito real e eficaz. No ano 2008, o Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e os alcaldes dos Concellos da zona anunciaron a ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal da Serra do Galiñeiro. Foi unha declaración baleira. No ano 2009, a Com

http://www.diarioliberdade.org/galiza/consumo-e-meio-natural/37511-iv-andaina-pola-prote%C3%A7om-da-serra-do-galinheiro-marcada-para-21-de-abril.html

isión de Espazos Naturais da Axenda 21 do Concello de Gondomar avalou as razóns da ampliación e apoiouna. Pero, a día de hoxe, os poderes públicos abandoaron ese obxectivo. No ámbito local, só os Concellos de Vigo e O Porriño clasifican nos seus Plans Xerais de Ordenación Municipal a súa parte da Serra como Solo Rústico de Protección de Espazos Naturais. O Concello de Gondomar parece seguir o mesmo camiño. Pero a Xunta de Galicia non manifesta intención ningunha de protexer este valioso lugar. Mentras tanto, a degradación da Serra continúa, e multiplícanse o número e o alcance das ameazas que penden sobre ela.

Invitamos a toda a cidadanía, entidades (colectivos, asociacións, comunidades, clubes) e particulares, a tomar parte neste esforzo colectivo Pola protección da Serra do Galiñeiro. A vosa participación con traballo, ideas ou un simple apoio é necesaria para salvagardar as riquezas naturais, culturais e sociais da Serra e conseguir a súa protección definitiva.

http://www.diarioliberdade.org/galiza/consumo-e-meio-natural/37511-iv-andaina-pola-prote%C3%A7om-da-serra-do-galinheiro-marcada-para-21-de-abril.html

Anuncis

Deixa un comentari

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

Esteu comentant fent servir el compte WordPress.com. Log Out /  Canvia )

Google+ photo

Esteu comentant fent servir el compte Google+. Log Out /  Canvia )

Twitter picture

Esteu comentant fent servir el compte Twitter. Log Out /  Canvia )

Facebook photo

Esteu comentant fent servir el compte Facebook. Log Out /  Canvia )

S'està connectant a %s